Unha das actividades que imos realizar en Celanova consiste nun xogo literario para escolaresque consiste na búsqueda de certas estrofas distribuídas en distintos locais comerciais da vila para completar el poema "Longa noite de pedra".
Os participantesen grupos de 4-5 deberán percorrer as rúas da vila seguindo un mapa que será entregado ao inicio da actividade.Trátase de atopar cada unha das estrofas que completan dito poema.
PARA SABER MÁIS:
http://celsoemilioferreiro.org/2012/01/comeza-o-2012-ano-celso-emilio-con-cen-poemas-en-celanova/
Eiquí tedes o poema:
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
Celso Emilio Ferreiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario