18 may 2012

A imaxe "definitiva" do noso fogar cósmico

Imaxe capturada por un satélite ruso

A imaxe foi tomada a uns 36.000 quilómetros da Terra e coas súas 121 megapíxeles, cativou a todos pola súa beleza e nitidez. A cámara do satélite ruso Elektro-L destronou á famosa 'cánica azul' que captou en 1972 o Apollo 17, aquela mítica fotografía do planeta completo, rodeado da escuridade do espazo.

Medios de todo o mundo bautizaron a foto como "a imaxe definitiva da Terra". A panorámica mostra o contraste entre o chan e o mar, entreverada coa nubosidad da atmosfera que fai inconfundibles estas paisaxes. Nas fotos aparece a Terra cunhas tonalidades laranxas que representan a vexetación, que quedan definidas así polo efecto infrarroxo.

Para saber máis:




VIDEO

17 may 2012

E o martes...a Celanova

Como cada ano, (este será o cuarto), todos ou case todos os Centros que levan o nome de Curros Enriquez en Galicia, reuniránse na fermosa vila de Celanova, para unha convivencia. Tamén, e como xa é tradicional, participarán nun Concerto didáctico, que esperemos que como en anos anteriores resulte do máis lucido.

O Programa presentado pola Fundación Curros é o seguinte:
Ás 11,45 chegada a Celanova e recepción aos centros participantes deste ano.


Ás 12,00 participación  no concerto co órgano do mosteiro


Ás 13,00 realización do xogo literario "Cen poemas en Celanova"
Ás 14,00 xantar no Parque das Triguerizas e na alameda


Ás 15,00 actividades artísticas adicadas ao poeta Celso emilio Ferreiro coa realización de pinturas na praza
Ás 17:00 visita á Casa dos poetas ou Vilanova dos Infantes


Ás 18:00 remate da xornada de convivencia e regreso.



A festa das letras galegas

Valentín Paz Andrade será homenaxeado mañá. O conxunto de estudantes de bacharelato recibirán gratuitamente un libro cun retrato e a valoración de cada personaxe homenaxeado nestes 50 anos.
Na praza de María Pita, sete grupos de alumnos de sete institutos do país esparexerán sete materias simbólicas: o alumnado de Padrón traerá pétalos de camelias apañados na casa de Rosalía; os escolares de Ponteceso espallarán arume arpado apañado a carón da casa de Pondal; de Celanova achegarán terra da horta de Curros Enríquez; os estudantes de Cambados esparexerán area recollida a carón da casa de Ramón Cabanillas; de Rianxo chegará auga salada traída da ribeira, ao pé das casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; de Mondoñedo  recibiriase auga doce da Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro e, por último, os alumnos do Caurel participarán con herbas procedentes da horta de Uxío Novoneyra.
Eu creo que esta festa va a ser un éxito. As Letras Galegas son moi importantes, senón, non existirían persoas moi famosas como Rosalía de Castro. Non todo foi fácil xa que iniciouse hai 50 anos, en tempos bretenosos ata chegar ao facho que se converteu hoxe en día.
Creo que o van facer ben todos os Institutos que van a participar.

As nosas Letras celebrarán o seu día grande

As nosas Letras celebrarán mañá o seu día. Novacaixagalicia recordará o seu legado aos galegos mediante a convocatoria de tres concursos. << O  mar de Paz Andrade >> , << Atopando a Paz Andrade >> e    << Gusto polo galego >> son concursos concibidos segundo a idade dos participantes e co obxectivo tanto de contribuír a facer visible o traballo nas aulas en torno ao Día das Letras galegas.
Máis información , na páxina http://www.obrasocialncg.com/.
Eu creo que está moi ben poñer esos concursos para os que lle gusta o galego alegraranse ainda que aos que non lles guste o galego podenlles gustar a súa escritura , o que escribe.
Seguro que moitas persoas irán a páxina , http://www.obrasocialncg.com/ , para saber máis da súa historia ou para enterarse un pouco máis do Día das Letra galegas.

16 may 2012

Visitamos as pedras do mar da Torre II

As pedras da torre II on PhotoPeach

Ao final, Mariñas, dirixiuse aos rapaces para recordarlles como o coñecemento dos espazos naturais e o amor por eles, apréndese dende que un é un rapaz, e asegura que cando un xa é unha persoa maior, se lembra daqueles momentos e revive as mesmas sensacións de paz e amor polo medio natural.

Visitamos as pedras do mar da Torre I

As pedras da Torre I on PhotoPeach

Percorremos con Don Emilio Mariñas, unha zona da costa que él coñece ben.
Pouco a pouco vainos ensinando lugares, non so das rochas nas que viviu tantos momentos como percebeiro por vocación e gusto, se non tamén aqueles polos que xogaba cando neno e aprendiu amar a naturaleza. 

15 may 2012

Os títeres centran a escena

Cultural con arte e moita personalidade, pois os seus artíficies non son outros que persoas, e a proposta de Novacaixagalicia para un maio que celebrará un ano maís, e xa van cincuenta, as suas letras coa compañía murciana ´´PeriferiaTeatro". Esta función de monicreques para disfrutar  en familia en cos Centro Sociocultural  Novacaixa Galicia da Coruña o vindeiro 26 de Maio  relacións cotiás entre pais e fillos.
Se un Pingüin cambiariá a Antártida por vir a actuar en a Coruña en busca da complicidade do seu públic,o un galo de conto sairá a escena para un publico familiar.
Pois a tradición é oral, modificou moitas veces crúa realidade dos feitos.
 Esta Compañía está dedicada dende 1989 a investigación e a difusión do teatro.

Os títeres centran a escena

As convocatorias para contribuír a manter viva a memoria galega estan abertas , mentres que o show prosige en escea. A companía murciana Periferia Teatro que de Monicreques para os cativos,obtivo con"pinguin"o galardón á mellor protagonista dramática na Feria de Monicreques de Lleida 2000 e a distinción ao mellor espectáculo no Festival Internacional de Monicreques de Praga 2004.


Gústanme moito os títeres e as funcións pero xa non vexo máis actuación dos títeres para os nenos e neaes se non para maiores .Dos títeres chinos gústame moito os dragóns..O mellor espectáculo é no "Festival Internacional de Monicreques do 2004".Cando vexo a televisión vexo títeres pero non son infantis, senon que son de maiores. A noticia interesoume moito "Champra"cando falaba do "Festival Internacional".          .

As froitas

No reino vexetal só as plantascon flores desenrolan froitos . No proceso evolutivo destes organismos produxéronse sucesivos avances non relacionados coas melloras das extratexias da perpetuación da especie . As froitas tamén resulteron ser unha importante fonte de nutrientes .
A maioria gústanme ; a que menos me gusta e o plátano cereixas e as laranxas , as froitas proeeñen de enfermedades como a gripe . A min antes non me gustaban pero agora  me gustan a maioria

Con nome propio

    A apariencia dos froitos é moi variada.  Esta variedade atende a diversas características que gardan relación coa súa orixe, é dicir, con como é a flor a partir da que se forman e as estructuras nas que participan.
    Unha clasificación básica permite distinguir entre froitos secos e froita carnosa pola consistencia e textura da parede que envolve as sementes.  Pero dentro de cada un destos tipos pódense facer moitos outros.  Aquí van algúns exemplos:
1. Baia: Froito carnoso e xugoso, con moitas sementes dispostas entre a carne.
2. Drupa: Froitas carnosas e fibrosas, cunha soa semente cuberta por unha parede leñosa.       
3. Polidrupa: Carnoso e composto de pequenos froitos, con  pepitas moi pequenas.
4. Pomo: Carnosa con varias sementes, que en corte transversal obsérvanse en disposición pentagonal.
5. Sicono: Froito carnoso que se orixina a partie dunha infloresciencia, teñen forma de pera.
6. Legumes: Froito seco, con varias sementes.
7. Noz: Seco e  con só unha semente, sen ás.
8. Sámara: Froito seco, dunha semente e con ás.

Eu non sabía qoe os froitos secos e as froitas carnosas tiñan, según as sementes, o interior, a pel e máis cousas un nome en concreto para cada tipo. Quedeime moi asombrado porque hai tantos como podas imaxinar.
    

14 may 2012

Enseada da Insua

Enseada da Insua on PhotoPeach

O noso percorrido levounos por unha das máis belas paisaxes das nosas costas; admiramos a súa biodiversidade, flora, fauna e rematamos o día cun xantar campestre nun piñeiral e un pouco de praia, ainda que o tempo só deixou que os máis audaces se mollaran un pouco.

13 may 2012

Concurso de debuxo "O noso Monte"

http://onosomonte.mediorural.xunta.es/1/ga/proxecto.html

http://lifeomontevivo.org/

Bases do concurso:

http://lifeomontevivo.org/docs/Bases_Concurso_Dibujo.pdf

Deseño de Ouvirmos

A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta celanovés que se celebra neste ano 2012.

http://celsoemilioferreiro.org/2012/01/comeza-o-2012-ano-celso-emilio-con-cen-poemas-en-celanova/

          
Ano Celso Emilio Ferreiro!! O 4 de xaneiro de 2012 cumpríronse cen anos do nacemento do grande poeta celanovés.
A primeira iniciativa deste ano centenario é “Cen poemas en Celanova”, unha interesante proposta deseñada por Ouvirmos para o Concello de Celanova, e a Xunta de Galicia. Tomando como base a poesía de Celso Emilio, quere reforzar o vínculo entre o escritor e os habitantes da súa vila natal. Levouse a voz de Celso Emilio á rúa coa selección de cen estrofas de cen dos seus poemas que se exhibirán nos escaparates de cen establecementos públicos e privados de Celanova durante todo o ano 2012.
Deste xeito, calquera persoa, incluso aquelas que non acuden normalmente aos circuitos culturais convencionais, poderán ler a poesía de Celso Emilio.
Os cen poemas son tamén a base dun xogo literario dirixido aos escolares que visitan a Casa dos Poetas de Celanova. O reto que se lles propón é a localización nos escaparates da vila do coñecido poema “Longa noite de Pedra”.
As estrofas deste poema son parte das cen estrofas seleccionadas que estarán nos establecementos de Celanova, e os participantes do xogo terán que atopalas. Contarán cun mapa, a modo de mapa de metro, para guiar o seu percorrido por Celanova, e cando localicen unha das estrofas de “Longa noite de pedra” terán que pedir ao establecemento correspondente que lles sele o mapa, até completar as cinco estrofas do poema.
A proposta “Cen poemas en Celanova” complétase coa edición especial de douscentos libros cun breve resumo da biografía do poeta, fotografías, palabras de Celso Emilio sobre Celanova, os cen poemas seleccionados, a metodoloxía do xogo literario e o plano de situación co nome comercial dos establecementos participantes no proxecto.