Eu prometo…
Cando os rapaces comenzan a convertirse en usuarios habituais de Internet e das redes sociais, é o momento de acompañalos e ofrecerlles a información necesaria que lles permita chegar a ser internautas responsables.
É por iso que sería unha boa alternativa redactar un contrato familiar que recolla as normas de uso adaptadas a súa idade.Este pode ser un modelo:
Comprométome a :
Falar cos meus pais sobre as normas de uso de Internet, as páxinas que podo visitar, cando podo conectarme e canto podo estar en liña (….minutos ou……horas)
Non dar nunca información persoal (enderezo, número de teléfono, nome e algún outro dato persoal sen permiso dos meus pais.
Falar inmediatamente cos meus pais se vexo ou recibo algo en Internet que me faga sentir incómodo ou ameazado.
Non ter citas en persoa con ninguén que haxa coñecido na Rede.
Non enviar imaxes miñas nin de outras persoas sen o permiso dos meus pais e a autorización das persoas implicadas.
Non decir nunca as miñas contrasinais a ninguén ( nin sequera aos meus mellores amigos)
Ter un bo comportamento en liña e non facer nada que poida molestar ou facer enfadas a outras persoas.
Non facer nunca nada en Internet que coste diñeiro sen o permiso dos meus pais.
Deixar que os meus pais coñezan os chats e redes sociais nas que estou registrado e as contrasinais que utilizo.
Asina Asina
Fillo Pai/Nai
Data
Para máis información premer na seguinte dirección:
http://www.prensaescuela.es/archivos/VE20111109.pdf#page=3