21 ene 2012

Día da Paz



O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964.
Xorde dunha iniciativa, non gobernamental, independente, e voluntaria de educación do profesor español Llorenç Vidal.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, etnia, cultura e relixión.
A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz".
O Amor universal é mellor que o egoísmo; a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra.
Conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en Dereito en Inglaterra,e tras a o seu regreso ao seu país tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron trala independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Pakistán, un hindú e outro musulmán). Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
A formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos é unha das finalidades que se suscita no noso sistema educativo, pero non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, que nos recorden que aínda hai situacións sociais complexas.
Esta celebración é, xa que logo, unha oportunidade máis de contribuír a que os centros convértanse en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Temos que contribuír, a través da educación, á concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de deenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz
Enlaces interesantes:
Enrédate. Unicef  www.enredate.org/
·

16 ene 2012

A miña vida de panadeira

A miña vida e un pouco rara xa que eu non tiña traballo .

Habia una panaderia que necesitaban a alguén que vendera o pan , e tamén e o traballo perfecto xa que encantábame. Enton ofrecinme  e me colleron , comencei e as clientas dician que me portaba ben con todos, que era mellor que a anterior porque era moi antipatica .