Recomendacións para meter traballos no blog
Recomendacións para os currantes en Curros!
Non metades traballos ou imaxes sen que sexan supervisadas polos profes. supoño que tedes moitas ganas de comenzar o traballo no blog, e de momento está ben, como presentación, pero esperade a ter o consello ou aprobación do profe para subir textos ou calquera outro material.
Non estaría mal que de cando en vez revisarades antigas entradas, xa que podedes atopar cousas que no seu momento pasáronvos desapercibidas.
Visitade os enlaces interesantes da marxe dereita; a maioría lévanvos a páxinas cheas de xogos para aprender cousas dunha forma divertida.
Tamén sería bo que visitárades os blogs da Biblioteca do Centro e dos Compañeiros de 1º A,1ºB, e Infantil de cinco anos. Atoparedes os enlaces tamén na marxe dereita do blog.