8 may 2012

Asalto a unha libraría

Un bo día eu ía coa miña nai a libraría para coller un libro para a escola .Mentres eu miraba para os libros e elixía cal podía coller, entraron uns señores cunha vestimenta sospeitosa.Eu estaba un pouco preocupada porque pensaba que eran ladróns, pero caín na conta de que quen ía roubar libros en todo caso roubarían diñeiro. Cando íame dar a volta,un dos señores tocoume a espalda e preguntoume que libro ía coller eu dixenllo,e el empezouse a rir porque dicía que era para nenos pequenos.
Despois dixome adeus e eu llo devolvín.
Cando a miña nai e máis eu estabamos pagando o libro,os ladróns volveron a entrar pero esta vez comezaron a meter libros nunha bolsa enorme.
Cando deixaron os estantes baleiros e ían marchar o que falou conmigo dixome que eu íame acordar del para o resto da miña vida e logo dixo volvereeeei...


No hay comentarios: