1 dic 2011

A nosa visita á exposición "EXIPTO e MESOPOTAMIA" "primeiras civilizacións"

Gustoume moito. Aprendín moitas cousas sobre os exipcios, como por exemplo que os faraóns e os escribas eran os máis importantes e que aos faraóns tratábanos como a deuses. Tamén aprendimos cousas sobre os seus deuses, como por exemplo, que o deus máis importante era Horus (con forma de falcón), porque ía voando por toda Exipto para vixiar que non pasara nada. Uns dos seus animais máis importante eran o escaravello (que era como o deus do renacemento) e a cobra.O que máis me gustou foron os sarcófagos e os vasos canopos, porque eran moi bonitos. Tamén me gustou a escritura en xeroglíficos exipcios e ademais pudimos imitala cando fomos ó obradoiro e tivemos que poñer a inicial do noso nome sobre arcilla.
Paseino moi ben: foi como unha viaxe no tempo, é dicir, cinco mil anos antes.

No hay comentarios: