Onte fomos a unha exposición da fundación"Novacaixagalicia". Nela faláronnos sobre Exipto e a súa cultura.Contáronnos que antes de que existira a Terra, Atón (o pai dos deuses exipcios) tivo catro fillos: Osiris, Set, Isis e Neftis. Osiris foi o primer faraón que gobernou Exipto, xunto a súa esposa e irmá Isis. o seu irmán Set, matouno por envexa, meténdoo nun sarcófago despois de partir o seu corpo en 14 trociños (como 14 son as provincias de Exipto) e arroxándoo ao río Nilo. Isis e Neftis buscaron e encontraron os trozos, e despois , coa axuda do deus chacal Anubis e o deus Thot ( deus da sabiduría e da creación) lle deron a vida e Osiris renaceu como o deus dos mortos e xuiz dos difuntos.
Tamén faláronnos sobre o arte exipcio e nos ensinaron a escultura dun escriba, que para os exipcios era moi importante , xa que era o encargado de escribir todo o que acontecía na corte do faraón. Ademais,explicáronnos que a escritura que utilizaban chamábase exipcia.
Ao rematar a explicación poidemos escribir con arcilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario