1 dic 2011

A miña visita á exposición de Exipto e Mesopotamia

Onte fun cos meus compañeiros a exposición Exipto.Un monitor explicounos que o que nos ía dicir facía mais de 5.000 anos que existira; díxonos o seguinte: a zona do delta era unha zona rica de agricultura; os obxetos de arqueoloxía non estaban feitos para estar nun museo; os xeroglificos era a letra dos exipcios; os faraóns levaban unhas mascaras coa cara dourada e os osos eran de prata; a maior parte dos exipcios traballaban na agricultura.Tamén nos contaron que os escaravellos facían bolas de excremento e metían a os seus ovos, entón os exipcios pensaban que eran simbolos de vida; as trías son grupos de tres deuses. O sol era o deus mais importante para os exipcios.
Antía

No hay comentarios: