8 feb 2012

100.000 años en Cova de Eirós

Nas excavacións na gruta de Triacastela, a única de Galicia que reúne á vez pezas do 'homo sapiens' e 'neandertal', achan unha lanza do Paleolítico Superior (Contemporáneos de Altamira )
Restos dun craneo de oso

Nunha das últimas campañas de excavacións en Cova Eirós, dirixida polo catedrático da Universidade de Santiago Ramón Fábregas, sacou á luz unha agulla en óso e unha azagaya de 12 centímetros, unha pequena lanza decorada con tres liñas gravadas en zig zag, tamén sobre o óso dun animal aínda sen precisar. Atada a un mástil, era unha ferramenta de caza, un proxectil. "En Galicia só aparece algo así nas covas de Valiña (Castroverde) e Valdavara (Becerreá) aínda que non están decoradas", explica Arturo de Lombera, un dos coordinadores da investigación, a cargo do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago e do Institut Catalá de Paleoecologia Humano i Evolució Social de Tarragona. Tamén colabora a Universidade de Arizona.A cova estivo habitada nos anos máis duros da última glaciación. Xa nos anos oitenta e noventa, o xacemento de Triacastela anunciaba importantes novidades. O descubrimento de restos de oso das cavernas, ben adaptado ás frías temperaturas do noroeste no último período glaciar (110.000-10.000 anos antes de Cristo), eran un bo presaxio. Este animal, que habitaba na profundidade das covas, é característico do Paleolítico Superior, marcado pola aparición do homo sapiens, cuxa presencia en Cova Eirós deixou un longo rastro de sinais: útiles de caza tallados a partir dunha arista natural, puntas de sílex e cristal de roca ou adornos persoais, como un colgante de dente de raposo datado en 26.000 anos, a época máis dura da glaciación. A pesar do rigor do clima, Cova Eirós seguía habitada. Os seus moradores preocupábanse non só de construír ferramentas de calidade senón tamén de dotalas de valor estético. O paso con respecto á etapa anterior, o Paleolítico Medio (entre 130.000 e 33.000 anos antes de Cristo) foi abismal.E é que si por algo resulta valiosa Cova Eirós é pola posibilidade de comparar as materias primas e as estratexias de subsistencia do homo sapiens e do homo neanderthalensis, os dous homínidos que ocuparon a gruta. Catro anos de excavaciones deixaron máis de 4.000 registros valiosísimos para entender as diferenzas entre as dúas especies de homínidos e o contorno no que viviron.

Como o colgante de dente de raposo descuberto en 2009 hai poucos en todo o Cantábrico. O achado é importante non só polo seu rareza senón tamén porque o uso de ósos revela un alto grado de grado de esixencia técnica. O home neandertal usaba ferramentas de peor calidade, normalmente cuarzos e cuarcitas dos arroios próximos. O sapiens desprazábase máis. A incógnita agora é saber ata onde chegaban os homes de Cova Eirós, cazadores recolectores, para saciar as súas necesidades. A veciña cova de Valdavara (Becerreá) ofrece un precedente premonitorio, unhas cunchas decorativas de 15.000 anos de antigüidade que abren a porta a unha posible relación coas zonas costeiras do Cantábrico a través do val do Navia.

Ver máis en:
http://elpais.com/diario/2011/08/27/galicia/1314440297_850215.html


                                          Situación da cova

7 comentarios:

Nico dijo...

A min gústame esta noticia porque interésame moito a arqueoloxía e todo o que teña que ver con ela.

Mauro dijo...

A mi no es que me guste mucho la arqueología pero me interesa mucho nuestro origen espero que puedan descubrir más origenes.

Noelia dijo...

me gusta mucho y ademas etamos dando ese tema

iria dijo...

A mi no es que me guste mucho la arqueología pero me interesa mucho nuestro origen, espero que puedan descubrir más orgenes.

Raul Franco dijo...

ami me gusta porque esta muy interesante y estamos dando ese tema

Mauro dijo...

A mí no me gusta la arqueología,pero si lo interesante que es la investigación.

antia dijo...

me gusta mucho descubrir cosas de nuestro origen con lo cual esta noticia me encanta