Unha vez había na fraga unha arandeira; pero non era unha arandeira calquera, non tiña dez ou vinte arandos, tiña miles de arandos. Tiña tantos porque eran unha familia, grande, pero que digo, grandísima, vivian todos no pequeno arbusto. Pero unha vez foi alí un señor e dixo:
-Pero cantos arandos hai aquí, ¡vou papalos todos!
A familia de arandos enterouse de que querían papalos, entón, o avó da familia dixo:
-Hai que facer unha evasión, ¡e rápido!
E así o fixeron. puxéronse a correr como tolos pola xunqueira. Pero o señor, que era moi oneroso, púxose a perseguilos. Despois de tanto tempo correndo acabaron os arandos frente a unha carricova. Entón dixo o señor:
-Chegou a hora.
Pero dixo o avó dos arandos:
-Non tes dereito a paparnos, somos unha familia e temos que estar unidos.
Se ivan a rifar cando de pronto:
-Pois mala sorte,-dixo o home-agora vou a papa...... ¡ATCHÍS! A papa...... ¡ATCHÍS!
-Colliches unha frieira,-dixo o avó arando-te levaremos a túa casa.
-Grazas, por levar...... ¡ATCHÍS! A miña casa. Nom sei como podo compensaros, se non fora por vos morrería de frío na fraga.
-Non hai de que,-dixo o avó-pero nos podes compensar non papándonos nunca máis, incluso podemos ser amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario