Valentín Paz Andrade será homenaxeado mañá. O conxunto de estudantes de bacharelato recibirán gratuitamente un libro cun retrato e a valoración de cada personaxe homenaxeado nestes 50 anos.
Na praza de María Pita, sete grupos de alumnos de sete institutos do país esparexerán sete materias simbólicas: o alumnado de Padrón traerá pétalos de camelias apañados na casa de Rosalía; os escolares de Ponteceso espallarán arume arpado apañado a carón da casa de Pondal; de Celanova achegarán terra da horta de Curros Enríquez; os estudantes de Cambados esparexerán area recollida a carón da casa de Ramón Cabanillas; de Rianxo chegará auga salada traída da ribeira, ao pé das casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio; de Mondoñedo recibiriase auga doce da Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro e, por último, os alumnos do Caurel participarán con herbas procedentes da horta de Uxío Novoneyra.
Eu creo que esta festa va a ser un éxito. As Letras Galegas son moi importantes, senón, non existirían persoas moi famosas como Rosalía de Castro. Non todo foi fácil xa que iniciouse hai 50 anos, en tempos bretenosos ata chegar ao facho que se converteu hoxe en día.
Creo que o van facer ben todos os Institutos que van a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario