15 may 2012

Con nome propio

    A apariencia dos froitos é moi variada.  Esta variedade atende a diversas características que gardan relación coa súa orixe, é dicir, con como é a flor a partir da que se forman e as estructuras nas que participan.
    Unha clasificación básica permite distinguir entre froitos secos e froita carnosa pola consistencia e textura da parede que envolve as sementes.  Pero dentro de cada un destos tipos pódense facer moitos outros.  Aquí van algúns exemplos:
1. Baia: Froito carnoso e xugoso, con moitas sementes dispostas entre a carne.
2. Drupa: Froitas carnosas e fibrosas, cunha soa semente cuberta por unha parede leñosa.       
3. Polidrupa: Carnoso e composto de pequenos froitos, con  pepitas moi pequenas.
4. Pomo: Carnosa con varias sementes, que en corte transversal obsérvanse en disposición pentagonal.
5. Sicono: Froito carnoso que se orixina a partie dunha infloresciencia, teñen forma de pera.
6. Legumes: Froito seco, con varias sementes.
7. Noz: Seco e  con só unha semente, sen ás.
8. Sámara: Froito seco, dunha semente e con ás.

Eu non sabía qoe os froitos secos e as froitas carnosas tiñan, según as sementes, o interior, a pel e máis cousas un nome en concreto para cada tipo. Quedeime moi asombrado porque hai tantos como podas imaxinar.
    

No hay comentarios: