28 may 2012
Etapa do Camiño de Santiago
A principios do mes de xuño, concretamente o 8, imos facer unha etapa do Camiño de Santiago; está por concretar o itinerario, pero o máis seguro é que se atope nalgun lugar situado no esquema adxunto.
É probable que fagamos a de Furelos Ribadiso que xa experimentamos en cursos anteriores.
Ao saír de Furelos, tómase unha pista de terra e, en pouco máis de 1 km, éntrase en Melide, polo Barrio de San Pedro. Dentro desta vila, o camiño desvíase á esquerda da N-547 cara ao Barrio de Santa María, e tras cruzar o río Lázaro e o lugar de Carballal, o Camiño, embreado, diríxese por un frondoso bosque de carballos e eucaliptos até Raido, pasado o cal se sae á N-547, para abandonala ao momento, por un camiño de terra á súa esquerda. Entre piñeiros e fieitos, crúzase o Arroio Valverde e descéndese, pola Peroxa, até Boente. Á saída do pobo, séguese descendendo até o val do río Boente, cruzado o cal, vólvese a subir até o ramal abandonado da N-457, pola que se entra en Castañeda. Desde esta localidade, o Camiño desvíase cara á esquerda, por Pedrido, e descende até Río, a beiras do Arroio Ribeiral, para volver subir, desde a outra beira, a un outeiriño cuberto de alcolitos. Xa no alto, o Camiño cortado pola estrada, que discorre nun profundo tallo, pásaa por unha pasarela de obra. Gañado o terraplén oposto, descéndese rapidamente cara ao río Iso, e a través de Ribadiso de Baixo e de Riba, sálvase por un túnel a N-547 e éntrase ao momento en Ribadiso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario