Punta del prado ( Ortigueira )
Nas excavacións realizadas no xacemento foron encontrados elementos que reforzan o ritual que se practicaba no monumento. No foso do castro próximo ao monumento, documentouse un área de basurero, fora do espazo útil do monumento, na que se recolleron, como materiais máis significativos, crisoles cerámicos, un alfiler, catro fíbulas de longo travesaño e un as de bronce de época augústea (ano 26 a. C.). Os restos óseos encontrados indican a presencia de gando vacún, ovicáprido e suído (Penedo Romero,1995-96)
Estos hallazgos reforzan de forma rotunda a hipótesis do sacrificio continuado no lugar destas especies según o rito do taurobolio e criobolio.
Os datos aportados pola investigación arqueolóxica permiten definir o castro de Punta dos Prados como un castro romanizado, cuxos oríxenes remontaríanse á Segunda Idade do Ferro, período no que se construiría o defensivo do asentamento. Como paradigma dos monumentos das chamadas "Pedras Formosas" presento a arquitectura particular do encontrado xunto ao castro en Ortigueira. A súa situación xunto ao camiño de acceso, a súa relación con elementos megalíticos relacionados coas aves, e a presenza no entorno de lugares dedicados a Santa Eulalia, fan do edificio de Ortigueira un bo modelo para o seu estudo.
Traballo realizado por Martín García Rojo, Raúl Franco Barbeito e Noelia Carballal Pazos
No hay comentarios:
Publicar un comentario