30 may 2012
A "Curriña"
Os alumnos de 6º están a realizar un traballo de renovación da porta da biblioteca, coa efixie da nosa mascota "Curriña", que, polo seu sorriso, parece atoparse moi ben no seu emplazamento.
Carteis de prensa
Estamos a realizar carteis resumo, con aquelas cousas que máis nos chamaron a atención, por un motivo ou por outro, mentres traballabamos coa prensa ao longo do curso.
28 may 2012
Etapa do Camiño de Santiago
A principios do mes de xuño, concretamente o 8, imos facer unha etapa do Camiño de Santiago; está por concretar o itinerario, pero o máis seguro é que se atope nalgun lugar situado no esquema adxunto.
É probable que fagamos a de Furelos Ribadiso que xa experimentamos en cursos anteriores.
Ao saír de Furelos, tómase unha pista de terra e, en pouco máis de 1 km, éntrase en Melide, polo Barrio de San Pedro. Dentro desta vila, o camiño desvíase á esquerda da N-547 cara ao Barrio de Santa María, e tras cruzar o río Lázaro e o lugar de Carballal, o Camiño, embreado, diríxese por un frondoso bosque de carballos e eucaliptos até Raido, pasado o cal se sae á N-547, para abandonala ao momento, por un camiño de terra á súa esquerda. Entre piñeiros e fieitos, crúzase o Arroio Valverde e descéndese, pola Peroxa, até Boente. Á saída do pobo, séguese descendendo até o val do río Boente, cruzado o cal, vólvese a subir até o ramal abandonado da N-457, pola que se entra en Castañeda. Desde esta localidade, o Camiño desvíase cara á esquerda, por Pedrido, e descende até Río, a beiras do Arroio Ribeiral, para volver subir, desde a outra beira, a un outeiriño cuberto de alcolitos. Xa no alto, o Camiño cortado pola estrada, que discorre nun profundo tallo, pásaa por unha pasarela de obra. Gañado o terraplén oposto, descéndese rapidamente cara ao río Iso, e a través de Ribadiso de Baixo e de Riba, sálvase por un túnel a N-547 e éntrase ao momento en Ribadiso.
27 may 2012
Saímos na prensa
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/05/26/numerosas-personas-secundan-mercado-programa-semente/0003_20120520120526135257832.htm
http://www.lavozdegalicia.es/album/coruna/2012/05/26/animacion-destacado-mercado-programa-semente/01101338046322217839609.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz#numeroFoto=10
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/05/27/escolares-venden-productos-mercado-semente/612424.html
26 may 2012
Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (IV)
Mercadillo de Semente IV on PhotoPeach
Temos que dar gracias a todos cantos estiveron presentes (familiares, amigos, e xente que pasaba por alí e que lles gustou a idea e o que vendiamos) e que fixeron que a mañá fose unha festa; aprendimos a crear un negocio, daremos unha porcentaxe das ganancias aos máis necesitados, co que aprendemos a ser solidarios, e sóbranos para unha excursión a fin de curso.
De novo gracias a todos por colaborar connosco.

Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (III)
Mercadillo de Semente III on PhotoPeach
Familiares e amigos non deixaron pasar a ocasión de comprar os productos que tan atractivamente estaban expostos e con tanta ilusión foron traballados e confeccionados durante todo o curso.
Familiares e amigos non deixaron pasar a ocasión de comprar os productos que tan atractivamente estaban expostos e con tanta ilusión foron traballados e confeccionados durante todo o curso.
Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (II)
Mercadillo de Semente II on PhotoPeach
Parece que as cousas comenzaron ir bastante ben, dende o primeiro momento, xa que íamos vendendo moito.
Parece que as cousas comenzaron ir bastante ben, dende o primeiro momento, xa que íamos vendendo moito.
Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez ( I)
Mercadiño de Semente I on PhotoPeach
Comenzamos o día con nervios e ilusión.
E tamén pedindo que o sol nos acompañará (ainda que non demasiado, xa que no Obelisco,cando pega, pega con forza)
Ao final, uns chaparróns, fortes pero ocasionais, non foron quen de estropear a mañá.

25 may 2012
Catálogo online dos nosos productos II
Catálogo on line dos nosos productos (6º) on PhotoPeach
Ver máis en :
http://currantesencurros.blogspot.com.es/2012/03/proxecto-semente-2012.html
Ver máis en :
http://currantesencurros.blogspot.com.es/2012/03/proxecto-semente-2012.html
Catálogo online dos nosos productos I
Los Curritos: Catálogo online on PhotoPeach
Ver máis en :
http://currantesencurros.blogspot.com.es/2012/03/proxecto-semente-2012.html
Ver máis en :
http://currantesencurros.blogspot.com.es/2012/03/proxecto-semente-2012.html
24 may 2012
23 may 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)