O primeiro que fixemos ao chegar ó sitio foi deixar as mochilas e as cousas e empezar a montar; dábamos unha volta pequeniña e xa está. Aínda que fixemos pouca cousa con el, o pasei moi ben, cando estabas enriba do cabalo parecía que ías caer, pero en realidade non; pois imaxínate como se deben sentir os profesionais, coa velocidade á que van.
Despois de montar, un ferreiro explicounos como eran as ferraraduras e como se lles poñían aos cabalos; nos explicou como es chaman e para que serven as súas ferramentas, e a verdade; a forma en que explicaba era moi amena.
Logo, fumos polo monte a coller moitos tipos de plantas; ata collimos un fieito real, só collimos unha rama porque están en perigo de extinción.
Finalmente, comimos e nos deixaron todo o tempo que quedaba para xogar e facer o que quixéramos ; había unha tirolina e era moi divertida. O pasei moi ben e me gustaría repetir.
1 comentario:
tienes razón yo también repetiría porque ya no es que fuera divertido es que aún encima era entretenido
Publicar un comentario