13 ene 2012

"LIBERTADE"

Serpente non podía quitarse a frieira que tiña enriba. Aquela celda do cárcere era fría e húmida. Se atopaba nela por rifar cun tipo e darlle un bo golpe na testa. Estar nesa celda estaba sindo un castigo moi oneroso. Pero todo isto iba a rematar moi pronto, xa que el e outros presos estaban preparnado a súa evasión. Todo estaba arranxado para fuxir dentro de tres días.




O plan era escapar do cárcere, e intentar chegar ata a carricova. Dende alí, baixar ata a xunqueira e cruzar o río. Foron tres longos días, os que Serpente pasou pensando na súa fuxida ata que chegou o momento.


Os fuxitivos conseguiron que o plan funcionara. Ao chegar ao río, tiñan moita fame, e viron algunhas arandeiras. Colleron os arandos para poder recobrar forzas e lánzaronse ao río e nadaron ata a outra beira.


Unha vez alí, separáronse e cada un colleu un camiño para que fora maís difícil seguilos.


Por fin Serpente estaba ceibe, e pensou que agora ninguén volvería a apresalo. Correu con todas as súas forzas ata desaparecer no medio da noite.






Mauro García Barro

No hay comentarios: