Eu son un lexionario do campamento romano Legio.
Levántome cedo para vestirme, coller as miñas armas e tomar algo para comer. Fago algo de exercicio antes de marchar a conquistar.
Vou cos meus compañeiros, somos uns 5.000 soldados de infantería e centos de xinetes. Ao mellor estamos días loitando para conseguir o que queremos. E moi duro facer todo o camiño a pé coa espada, o puñal e todo o armamento.
Cando rematamos, volvemos ao campamento, dígovos brevemente como é; está rodeado por unha estacada e un foxo para defenderse, ten varias torres de vixilancia e ten catro entradas. No interior están as tendas dos lexionarios (nas que estou eu), dos oficiais, e mais a do cónsul, e tamén está o altar.
A vestimenta dos lexionarios é así: primeiro poño o mandil e as sandalias, despois poño a protección, é dicir, a armadura e o casco; e por último, collo as armas, a lanza, a espada, a daga e o escudo.
O meu traballo é duro, pero o fago para axudar ós demáis.
Nicolás Vázquez Vázquez
4 comentarios:
Tú eres muy listo verdad
mira mira lo que a escrito nico parece muy interesante
Publicar un comentario