10 dic 2011

Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
























O Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de
Galicia, é o primeiro e único espazo con esta categoría da comunidade autónoma
galega e o segundo no estado español de carácter marítimo-terrestre, xunto co
Arquipélago de Cabrera en Baleares.

Estas illas foron declaradas Parque Nacional no ano 2002 como
unha das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños
atlánticos españois.


Ver Illas Cies en un mapa más grande



O Parque Nacional comprende os arquipélagos de Cortegada,
Sálvora, Ons e Cíes e o espazo marítimo que os rodea, constituíndo esta franxa
mariña o 86% da superficie total protexida, o que nos dá unha idea clara da
importancia do medio mariño neste espazo protexido.

Nas súas augas podemos atopar diversos tipos de fondos que
acollen ecosistemas de gran valor, pero susceptibles de ser alterados e
destruídos se non se regulan de forma adecuada as actividades que se levan a
cabo nesta zona marítima, como son a navegación, a fondeadura de embarcacións ou
o mergullo.

Tamén na zona terrerestre deben regularse as actividades
humanas como por exemplo a acampada nas illas.
É por iso que se creou un sistema moi innovador para a
solicitude de permisos de mergullo, fondeadura e acampada a través da
web:
Outros enlaces interesantes:

1 comentario:

Raul Franco dijo...

que interesante lo devemos leer