14 dic 2011

As ILLAS ATLÁNTICAS

As Illas Atlánticas convertéronse no ano 2002 no primeiro Parque Nacional de Galicia, e está formado polas Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

As Illas Cíes: atópanse na Ría de Vigo e están formadas por tres illas (Monteagudo, Faro e San Martiño); xa eran coñecidas polos romanos, e lles chamaban Illas dos Deuses. Durante moitos anos (dende o 899) estiveron habitadas por monxes, pero pouco a pouco fóronse despoboando para pasar a ser un lugar turístico. A Praia das Rodas salienta nestas illas e en todo o mundo pola súa gran beleza.

As Illas de Ons: tamén son coñecidas dende a Idade Media; durante os anos 40-50 a illa viviu a súa mellor época, con case 500 habitantes.

A Illa de Sálvora: en1921 vivían na illa tan só 59 persoas pero tan só 25 coñeceron o tráxico naufraxio do vapor Santa Isabel.

A Illa de Cortegada: existen referencias de civilización romana, estos chamárona "Corticata", e varias ánforas atopadas nas augas do entorno da illa dan testemuño do seu paso por este lugar.

Estas illas tamén posúen unha fauna variada e autóctona. Entre todas as aves salientan o corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela:

O corvo mariño cristado: é totalmente negro coas comisuras do peteiro amarelas. As colonias do Parque Nacional reúnen unha parte importante da súa poboación mundial. Tamén é chamado cormorán moñudo.

A gaivota patiamarela: é branca co dorso e a parte superior das ás de cor prateada; ten aquí a colonia máis numerosa do mundo e ocupa un 10% da poboación mundial.

Bliografia:

Guía de Visita do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ed. Parques Nacionais.

Guía da Fauna Terrestre do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, Vertebrados. Ed. Parques Nacionais.

Lingua, 5º de Primaria. Ed. Anaya.

Nicolás Vázquez Vázquez

No hay comentarios: