30 may 2012

A "Curriña"

Os alumnos de 6º están a realizar un traballo de renovación da porta da biblioteca, coa efixie da nosa mascota "Curriña", que, polo seu sorriso, parece atoparse moi ben no seu emplazamento.

Carteis de prensa





Estamos a realizar carteis resumo, con aquelas cousas que máis nos chamaron a atención, por un motivo ou por outro, mentres traballabamos coa prensa ao longo do curso.

28 may 2012

Etapa do Camiño de Santiago

cs 

A principios do mes de xuño, concretamente o 8, imos facer unha etapa do Camiño de Santiago; está por concretar o itinerario, pero o máis seguro é que se atope nalgun lugar situado no esquema adxunto.

É probable que fagamos a de Furelos Ribadiso que xa experimentamos en cursos anteriores.

Ao saír de Furelos, tómase unha pista de terra e, en pouco máis de 1 km, éntrase en Melide, polo Barrio de San Pedro. Dentro desta vila, o camiño desvíase á esquerda da N-547 cara ao Barrio de Santa María, e tras cruzar o río Lázaro e o lugar de Carballal, o Camiño, embreado, diríxese por un frondoso bosque de carballos e eucaliptos até Raido, pasado o cal se sae á N-547, para abandonala ao momento, por un camiño de terra á súa esquerda. Entre piñeiros e fieitos, crúzase o Arroio Valverde e descéndese, pola Peroxa, até Boente. Á saída do pobo, séguese descendendo até o val do río Boente, cruzado o cal, vólvese a subir até o ramal abandonado da N-457, pola que se entra en Castañeda. Desde esta localidade, o Camiño desvíase cara á esquerda, por Pedrido, e descende até Río, a beiras do Arroio Ribeiral, para volver subir, desde a outra beira, a un outeiriño cuberto de alcolitos. Xa no alto, o Camiño cortado pola estrada, que discorre nun profundo tallo, pásaa por unha pasarela de obra. Gañado o terraplén oposto, descéndese rapidamente cara ao río Iso, e a través de Ribadiso de Baixo e de Riba, sálvase por un túnel a N-547 e éntrase ao momento en Ribadiso.

26 may 2012

Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (IV)

Mercadillo de Semente IV on PhotoPeach


Temos que dar gracias a todos cantos estiveron presentes (familiares, amigos, e xente que pasaba por alí e que lles gustou a idea e o que vendiamos) e que fixeron que a mañá fose unha festa; aprendimos a crear un negocio, daremos unha porcentaxe das ganancias aos máis necesitados, co que aprendemos a ser solidarios, e sóbranos para unha excursión a fin de curso.
De novo gracias a todos por colaborar connosco.

Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (III)

Mercadillo de Semente III on PhotoPeach


Familiares e amigos non deixaron pasar a ocasión de comprar os productos que tan atractivamente estaban expostos e con tanta ilusión foron traballados e confeccionados durante todo o curso.

Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez (II)

Mercadillo de Semente II on PhotoPeach

Parece que as cousas comenzaron ir bastante ben, dende o primeiro momento, xa que íamos vendendo moito.

Mercadillo Semente 2012 CEIP Curros Enriquez ( I)

Mercadiño de Semente I on PhotoPeach

Comenzamos o día con nervios e ilusión.
E tamén pedindo que o sol nos acompañará (ainda que non demasiado, xa que no Obelisco,cando pega, pega con forza)
Ao final, uns chaparróns, fortes pero ocasionais, non foron quen de estropear a mañá.